Skip to Content

Xadrez na biblioteca

Os recreos activos están xa integrados na vida da biblioteca do noso centro. Pasapalabra, mes da ciencia, obradoiros de escrita, xogos de mesa... Desta volta temos o xadrez como invitado especial.

Comezamos cunha sesión de partidas simultáneas o pasado xoves 21 de setembro. O número de xogadores non foi pequeno, como tampouco o foi o público que se achegou á biblioteca para ver como se desenvolvían as partidas.

Este só foi o comezo de distintas actividades arredor do xadrez que teremos na biblioteca. O seguinte será un torneo entre o alumnado.

Estamos desexando comezar. Podes ver algunhas fotos no blog de Biblioribeira

Unha biblioteca escolar en viñetas

Este é o lema das bibliotecas escolares de Galicia para este ano. E nós xa temos o noso expositor con algúns dos títulos que podedes escoller na biblio. É unha selección de títulos en distintas linguas como exemplo do que hai. Achegádevos a ver máis do que hai.

Comezamos

Novo curso e novas lecturas!

Este ano Biblioribeira comeza o curso con moitas ganas. Temos o de sempre, o que vos gustou destes cursos pasados, pero tamén novidades que iremos contando pouco a pouco.

Benvido curso 2023-24!

Que vas ler este verán?

Estas son as recomendacións de Biblioribeira para este verán.

Cans

O proxecto do Festival de Cans cumpre 20 anos e o noso centro aproveitou estes días de comezo do festival para asistir a un roteiro e charla de Carlos Meixide polos espazos que aparecen no seu libro homónimo.

Coñecemos a boca do túnel do Confurco, vimos as pegadas dos famosos na súa peculiar «avenida das estrelas» e pasamos por algúns dos «galpóns» que son o lugar de proxección das curtas.

Música Represaliada

Xurxo Souto foi o encargado de achegar ao alumnado de 4º ESO a historia silenciada da nosa música durante a ditadura franquista.

O alumnado coñeceu a crueldade que seguiu á guerra. Escoitaron de Xurxo as historias dos músicos galegos que foron asasinados e a súa memoria silenciada tras a guerra Civil.

Memoria dixital: o segundo cerebro

Dentro do programa Memoria da biblioteca, o alumnado de 4ºESO puido escoitar a charla de Andrés Bouza.

Achegounos a súa experiencia co segundo cerebro. Explicou que é e para que se pode empregar. Como funciona que cales son as vantaxes de empregalo

Francisco Fernández del Riego. Don Paco

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, homenaxea a un intelectual das nosas letras. Unha das grandes figuras do ensaio e a crítica galega.

A historia ds literatura e da lingua galega do século XX non se pode escribir sen falar deste home. Membro do Partido Galeguista, fundador da Editorial Galaxia, da Fundación Penzol, presidente da Real Academia Galega…

El foi un dos que propuxo hai sesenta anos que se empregase a data da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro como o día das nosas Letras.

Escribiu ensaios sobre a lingua e a literatura galega, artigos de opinión, foi tradutor e editor…

Na nosa biblioteca temos un amplo abano das súas obras e quixemos visualizalas neste mes poñéndoas no noso expositor.

Ademais, todos os venres, na radio do centro, lerase un texto da súa autoría. As persoas encargadas de facelo serán alumnado e profesorado voluntario.

Aí vén o maio, de flores cuberto

Outro mes cheo de actividades. Maio chega á nosa biblioteca con moitas e variadas actividades para celebrar o mes das Letras.

Radio, xuntanzas de biblioteca...

Durante o mes de abril foron moitas as actividades que se realizaron. Xunto coas bibliotecas dos centros do Porriño asistimos á II Xuntanza de bibliotecas do Porriño. Tamén tivemos o apadrinamento lector onde alumnado voluntario da biblioteca acolleu non centro a alumnado do Antonio Palacios. Ademais o club de lectura tivo unha xuntanza con alumnado do club de lectura do Antonio Palacios.

Este mes, tamén houbo un cada venres unha recomendación dun libro. Colaboraron alumnado e profesorado por igual para achegar as súas recomendacións a todas as persoas oíntes do programa.

Ademais comezando este mes de abril e rematando a mediados de maio organizouse a I Olimpíada literaria da biblioteca. O alumnado, en equipos de entre 2 e 4 persoas teñen que adiviñar a través das pistas de cada día, cal é a autora ou autor, personaxe ou libro que buscamos.



by Dr. Radut