Skip to Content

Visitas e premios

Durante a nosa III Feira do libro solidaria organizáronse varias actividades dende a biblioteca.

A primeira foi a visita da escritora Sonia Mirón. Presentounos o seu novo libro No son mariposas, son elefantes.

Nones Araujo estivo co alumnado do club de lectura de nais e pais falando da súa novela A madriña.

Aproveitando o espazo da Feira entregáronse os premios aos relatos gañadores do concurso de relato curto. Noa e Ismael foron os gañadores.

Recomendacións de Nadal

Este Nadal teremos tempo para viaxar a moitos mundos distintos e iso é posible coa lectura.

Estas son as recomendacións da biblio.

III feira do libro solidaria

Un ano máis a biblioteca inaugura en decembro a súa Feira do libro. Unha feira do libro especial, xa que busca ser solidaria con aquelas persoas da contorna que o precisan.

Esta é a terceira. Xa levamos dous anos colaborando na recadación de produtos de hixiene persoal e alimentos non perecedoiros e achegando libros ás familias, alumnado, persoal do centro.

Este ano a feira estará aberta de luns a venres no recreo, dende o martes 5 até o xoves 21 de decembro. A feira estará atendida polo alumnado voluntario da biblioteca.

Como funciona?

As persoas que queiran levar un libro só teñen que entregar a cambio algún produto dos mencionados: cueiros de bebé, un paquete de arroz...

Ademais esta feira está cargada de actividades complementarias: visita das escritoras Sonia Mirón e de Nones Araújo e entrega de premios do concurso de relato curto.

Ciencia en biblio

Novembro é o mes da ciencia na biblio. Dendo os distintos departamentos hai achegas de actividades para realizar nos recreos activos. Física, Química, Bioloxía, Matemáticas…

Recreos activos

Xadrez ou pasapalabra son algunhas das actividades fixas nos nosos recreos activos, pero cada ano xorden cousas novas. Desta banda temos como novidades dúas novas actividades.

Os mércores reúnense nos recreos alumnado ao que lle gusta un dos xogos quebracabezas máis internacional, o cubo de Rubik. Unha actividade aberta a toda a comunidade educativa.

E, ligado ao proxecto Roupa, o proxecto da biblioteca deste ano, os luns temos Cosendo polo futuro, unha actividade onde o alumnado comezará por colocar os logos do club de ciencias nas súas batas de laboratorio.

Quen o fixo?

O xogo de pistas Quen o fixo? xa ten gañadoras. A entrega dos premios foi na propia biblioteca.

As persoas premiadas por acertar os libros foron Noa, de 4ºB, que atopou ao asasino no libro A memoria da Choiva de Pedro Feijoo; e Ainhoa Caballero, que acertou que o «gato negro aforcado» se agochaba no conto de Allan Poe, «O gato negro».

De GAliZA a GAZA

O venres 3 de novembro tivemos, durante a hora do recreo, unha charla sobre a situación de Palestina. Unha ollada dende Galiza a Gaza a cargo do alumno voluntario da Biblio Roi Valverde.

Samaín

A biblioteca do IES Ribeira do Louro organizou varias actividades para celebrar o Samaín e o día de Mortos.

Decorouse a biblioteca, organizáronse xogos de pistas para descubrir aos asasinos nos libros, tivemos sesión de lectura de textos de medo entre as actividades dos recreos activos, houbo alumnado que recomendou distintas lecturas para esta época e colocáronse algúns dos títulos «de medo» da biblioteca no noso expositor.

Descubre ao asasino na Biblio foi unha novidade deste ano. Un Xogo de pistas no que o alumnados tiña que adiviñar o libro no que aparecía a escena da imaxe. Tivemos un «morto» no insti!

Días das escritoras

O 16 de outubro está adicado ás escritoras. Mulleres que escolleron as letras para plasmar as súas ideas, pensamentos, anhelos... as súas historias. Poetas e narradoras, ensaistas e dramaturgas...

Dende a nosa biblioteca quixemos homenaxealas facendo unha lectura no recreo de textos escollidos polo voluntariado da biblioteca. Elas e eles puxeron voz ás súas palabras.

Microrrelatos de premio

nosa biblioteca ten este ano como tema «A roupa». E comezando con esta temática iniciamos os nosos concursos cun de microrrelatos.

Así que se tes interese en escribir ou tes unha idea que sabes que encaixa, participa no concurso de microrrelatos de BiblioRibeira. Hai distintas categorías. Bota un ollo ás bases e comeza a escribir a túa historia.

Podes ver as bases aquí



by Dr. Radut