Período admisión Ciclos Formativos Curso 22/23

Dende o 23 de Xuño ata o 5 de Xullo.

Datas matrícula ESO e Bacharelato Curso 22/23

Venres 1 Xullo:

1° Bacharelato

2° Bacharelato

Luns 4 Xullo:

3° ESO

4° ESO

Martes 5 Xullo:

1° ESO

2° ESO

Fotos realizadas co alumnado de CM Dual de Actividades Comerciais

Fotos e vídeos realizados co alumnado de CM Dual de Actividades Comerciais coa colaboración de Patricia Maquieira, experta en dinamizar espacios comerciais, e con 16 anos de experiencia como docente en cursos de formación (Marketing, Fotografía, Escaparatismo,Visual Merchandising,Canva...)

 

Preme aquí

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

05/11/2021
Europe/Madrid

Achégase o calendario de celebración das eleccións ao consello escolar que se celebrarán segundo o establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos

Celebración do Samaín no IES Punta Candieira - Moito medo!

Entrega dos premios aos equipos gañadores das Dinámicas de traballo en equipo.

Dinámicas de traballo en equipo

O alumnado de 1º CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas, 1º CM de Mantemento Electromecánico, 1º CS de Mecatrónica Industrial, e 4º ESO Ciencias Aplicadas, realizan dinámicas de traballo en equipo (FOL - Iniciación á actividade emprendedora e empresarial).
Parabéns a todos pola súa participación!

Preme aquí para ver máis

“Samaín? O que realmente dá medo é a violencia de xénero”.

A moita xente gústalle ver películas e series de terror, sentir medo… Sen embargo, para algunhas mulleres ese medo é algo moi real e teñen que sufrilo a diario.
 
Este Samaín, dende o Equipo de Igualdade do IES Punta Candieira, queremos reflexionar sobre a violencia baixo o lema “Samaín? O que realmente dá medo é a violencia de xénero”.
 
O alumnado, coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, elaborará carteis para decorar o centro. 
 
E o venres 29 de outubro queremos invitar a alumnado, profesorado e persoal non docente a que se disfrace! Monstros, bruxas, pallasos terroríficos, personaxes fantásticas… todo@s serán benvid@s

Celebración do Samaín 2021

Entrevistas de traballo

Os alumnos e alumnas de 1º CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas e CM de Mantemento Electromecánico, e1º CS de Mecatrónica Industrial estiveron a gravar as súas "entrevistas de traballo" para o módulo de FOL...Un gran traballo, parabéns a todos e a todas, pasamos un moi rato facendo os vídeos e vendo o resultado!

Distribuir contido