ACTIVIDADE V.ETICOS 4º E.S.O.

Ola chic@s, como algúns xa rematáchedes a proposta de traballo antes da data establecida, teño unha nova proposta para vos, que consiste no seguinte; é a realización dun traballo gráfico de como vos atopades e facendo unha pequena despedida cara a amosala no vindeiro curso, xa que non sabemos polo momento como transcurrirán os acontecementos, estamos ante unha situación imprevisible e como hipotética despedida penso que estaría ben, xa que para o vindeiro curso xa non estaredes estudando no noso centro.

Ocórreseme pedila aquí en V.E. xa que a tendes todo o alumnado de 4º E.S.O.

A actividade é voluntaria e a data será cando vos veña ben.

Como facelo?, cos medios que teñades a mao fotografía, vídeo,.....

Que ten que conter?, describir como estades, e comentar todo o que queriades comentar na vosa despedida, tamén podedes tocar algunha canción,.... todo o que creades que vos gustaría compartir có resto da comunidade educativa no noso centro, compañeir@s , ......

Por suposto haberá exposición no centro, en canto se poda.

Mandádemos ao meu correo maria.epv.anon@gmail.com

Grazas por participar.

 

Powered by Drupal - Design by artinet