No ano 2019 celebramos o 150 aniversario do descubrimento da Táboa Periódica dos Elementos Químicos por Dimitry Mendeleiev. Para celebrar esta conmemoración, a UNESCO declarou 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos.
No marco desta celebración, a Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela organiza o concurso de carteis “A Táboa Periódica e Galicia”, que pretende divulgar entre o alumnado de Secundaria, Ciclos Formativos e BAC de Galicia a relevancia dos distintos elementos químicos na vida diaria.
Os tres traballos presentados polo alumnado do IES foron seleccionados entre os 30 carteis que serán expostos na facultade de Química a partir do 24 de maio.
Tántalo, o ouro gris. 3ºA. Volframio. 3ºB. Radon, un perigoso descoñecido. 4º.
Éxito de participación: El Correo Gallego. Foto1. Foto2. Galería de fotos.