Skip to Content

Procedemento revisión cualificacións Abau curso 20/21

O alumnado ou titores/as legais poderán solicitar a revisión da cualificación obtida nun ou en varios exames no prazo de tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións. Neste proceso de revisión as modificacións das cualificacións poden ser tanto á alza como á baixa. 1. O prazo de presentación destas solicitudes será de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións: 18 a 22 de xuño (ata as 14:00h.)

2. As solicitudes de revisión poderanse facer a través da aplicación informática Nerta, empregando o seu código de acceso. O alumnado deberá gardar copia da súa solicitude en calidade de resgardo e xustificación de presentación desta.

3. No proceso de revisión procederase do seguinte xeito:

a) En primeiro lugar, analizarase se houbo algún erro material na corrección do exame da persoa interesada (sumas mal calculadas ou preguntas sen corrixir). No caso de existir algún erro material, modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A cualificación provisoria obtida (identificada como P) pasa a ser a nova cualificación despois de modificar segundo o erro material detectado. No caso de non haber erros materiais, mantense como cualificación provisoria a cualificación orixinal (identificada tamén como P).

b) Deseguido, realizarase unha segunda corrección por un novo corrector/a especialista, distinto ao que efectuou a primeira corrección. Se esta segunda cualificación (identificada como Facultade de Dereito, 3º piso - Campus Vida - 15782 Santiago de Compostela Telf.:881 813 452 - Fax:881 814 789- Correo E.: ciug@ciug.gal S) ten unha diferenza menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P, nomeadamente (S+P)/2.

c) No suposto de que existise unha diferenza de dous ou máis puntos entre ambas as cualificacións (P e S), un terceiro especialista distinto dos anteriores efectuará unha terceira corrección (identificada como T). Neste caso, a cualificación definitiva será a media aritmética das tres cualificacións, nomeadamente (P+S+T)/3.

Contra a resolución adoptada pola CIUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia CIUG. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contenciosoadministrativo mentres non se dite resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou se produza o acto presunto.

4. O alumnado, ou titores legais, terán dereito a ver as probas revisadas unha vez finalizado o proceso de revisión (Art. 10.3 do RD 310/2016 de 29 de xullo). Para a consulta dos exames poderá facerse a solicitude entre o 25 e o 29 de xuño (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente nun LERD (véxase Anexo I. Os exames revisados poderanse ver o 5 de xullo no lugar e horario que se indicará na páxina web da CIUG .



book | by Dr. Radut