Actividades do EDLG

Saídas, conmemoracións e concursos do EDLG

Valoración do Proxecto de Normalización e Dinamización da Lingua Galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüísitica a caba de publicar as subvencións aos Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, e nas mesmas aparece o Proxecto do noso Centro cunha das mellores valoracións dos Centros de ensino da Coruña. Esta nova dános azos para seguir nesta liña inda que a dotación económica que nos subvencionan é cada vez máis escasa, e o tempo do profesorado para colaborar no desenvolvemento das actividades que propuxemos tamén é cada vez menor. Isto lévanos a que sexamos sempre os mesmos os que tentemos sacalas adiante. De todos os xeitos creo que estamos de noraboa.

Intercambio lingüístico co CPI Alcalde Xosé Pichel de Corristanco

O ENDLG do IES R. Otero Pedrayo da Coruña organizou este curso un intercambio lingüístico co CPI Alcalde Xosé Pichel de Corristanco por ser un Centro de ensino de Galicia con alumnado galego_falante. Acordamos coas coordinadoras do outro Centro comezar por unha correspondencia postal entre o alumnado para que fosen formando parellas e se fosen coñecendo. Esta correspondencia só ten como condición o feito de ser escrita en galego e ser respectuosos en todo momento cos correspondentes.Ademais, tamén manterán o contacto entre si a través de distintas Redes Sociais tales como Tuenti, Twitter, WhatsApp, etc.

Esta actividade está pensada para o alumnado representante do ENDLG do Centro e mais para aqueles/as que sexan premiados nas actividades e concursos que o Equipo de Normalización organice ao longo do curso, e levarase a cabo durante o 2º e o 3º trimestre. As vistas e encontros posteriores realizaranse con aqueles/as que cumpran os requisitos pautados.

Acordamos que a 1ª visita a realizara o alumnado de Coristanco a finais do 2º trimestere, unha vez realizados os exames das avaliacións para interromper o menos posible a actividade académica do Centro. Esta visita realizouse o mércores, 20 de marzo, despois de cartearse unhas seis veces caca un. Ese día, o ENDLG do noso Centro recibiunos no salón de actos, fixo as presentacións entre as parellas de ambos centros e púxolles un powert-point dos lugares máis representativos da cidade dos cales visitamos varios da Cidade Vella: Museo arqueolóxico do Castelo de San Antón, xardín de San Carlos, con lectura de poemas de Rosalía de Castro xunto á tumba de Sr. John Moore, a Colexiata ou igrexa de Santa María, a praza da Fariña, a igrexa de Santiago xunto á Casa-Museo Emilia pardo Bazán e RAG, praza de Maráia Pita, etc, e o noso alumnado fixo de guía turístico para os seus convidados. Logo regresamos ao noso IES para xantar todos/as xuntos e pola tarde realizamos a visita que tiñamos concertada á Domus onde rematou esta marabillosa xornada de convivencia.

A partir de agora seguiremos coa correspondencia postal e coa comunicación bidireccional a través das Redes Sociais ata o remate do 3º trimestre, momento no que nos toca a nós devolverlles a visita.

Distribuir contido