Novas

Horario para presentación do alumnado 2020-21

Pode consultar o horario da presentación de alumnado no documento que achegamos.

Listaxe de transporte escolar 2020-21

Dadas as circunstancias, publicamos excepcionalemente a listaxe de alumnado do centro usuario de transporte escolar.

Lembramos que cada usuario ten asignado un nº de asiento fixo para todo o curso e que será lle será indicado polo conductor.

Calquera incidencia ao respecto será comunicada á dirección do centro.

Pode consultar a listaxe aquí

Recollida do vale para a adquisición de material escolar 2020-21

Este aviso foi enviado por abalar o 17-9-20. Dadas as dificultades momentáneas para o acceso aos avisos, trasladamos o seu contido:

Co fin de evitar aglomeracións de persoas nas oficinas do centro, establecemos as seguintes datas para recoller o vale de material escolar:
  Venres 18 - 1ºESO,   Luns 21- 2ºESO  e  Martes 22 - 3º e 4º ESO.
Os vales non recollidos nestas datas poderán recollelos a partir do 21 e ata o 30 de setembro.
Só pode recoller o vale a persoa solicitante ou que estea autorizada formalmente (por escrito e achegando copias dos DNI de solicitante e autorizado).

A direccion

NOVAS datas de inicio e curso

A Xunta e os Centros de Secundaria consensúan o adiamento do inicio do curso aos días 23, 24 e 25 de setembro.

As novas datas de incorporación escalonadas son:

- 1º ESO - 23 de setembro
- 2º ESO - 23      "
- 3º ESO - 24      "
- 4º ESO - 25      "

É importante ter instalada a APP Abalar Móbil, a través da cal as familias e alumnos recibirán as menxases de centro.

Na web do centro terán dispoñible a DECLARACIÓN RESPONSABLE que os alumnos deben aportar ao Equipo Covid do centro no día da presentación.

A dirección

12 de setembro de 2020

abalarMóbil

Guía para as familias abalarMóbil

Respostas ás preguntas máis frecuentes

Para poder acceder á aplicación abalarMóbil é preciso que o seu número de teléfono estea rexistrado na plataforma XADE (base de datos do centro educativo). Para solucionar este problema, deberá solicitar que se actualicen os números de teléfono móbil na súa ficha como responsable do alumno.

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras 2020

axusdasle

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de: 1º, 2º, 3º e 4º ESO ou  de 1º e 2º Bacharelato. que reúnan os seguintes requisitos:

- Ter superadas todas as materias no curso anterior.

- Ter a nota mínima de Ben na materia de Inglés.

- Non ter concedida outra axuda coa mesma finalidade nin estar incurso nalgunha prohibición para a subvención.

- Ter DNI (para maiores de 14 anos) ou NIE en vigor. No seu caso, pasaporte e permiso para viaxar ao estranxeiro.

O prazo de presentación de solicitudes do 27 de febreiro ao 26 de marzo (incluídos)

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

Idiomas do mundo 2019


 

Idiomas do Mundo VERÁN 2020

 ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN do 17 de febreiro ao 7 de marzo

Dende o Servizo Municipal de Educación promoven o programa “Idiomas do mundo 2020” ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no mes de xullo, en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de xeito oficial o nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Para máis información clica na imaxe.

O alumnado que queira participar no programa deberá inscribirse en liña na web municipal https://www.coruna.gal/educacion/gl

Campamento de verán 2019

campamentos verán 2019

A concellaría de Participación e Innovación Democrática, a través do servizo municipal de Mocidade, organiza campamentos de verán para mozas e mozos de 12 a 17 anos, na Coruña.

Ata o día 22 de maio ​pódese solicitar praza nos campamentos e ver a información completa no seguinte enlace web: acceso información campamentos

O sorteo realizarase o 28 de maio e o día 30 procederase a adxudicación de prazas.

  • Periodo de solicitude de praza: do 15 ao 22 de maio de 2019
  • Persoas destinatarias: mozas e mozos de 12 a 17 anos
  • Modalidade de campamento: urbano multideportivo, horario de 9.00 a 14.00 h
  • Custe: Gratuito
  • Prazas ofertadas: 45 por turno (90 prazas en total).
  • Periodo de realización: xullo 2019. Turno 1 do 1 ao 12 de xullo; Turno 2 do 15 ao 26 de xullo.

Habilitarase un servizo de transporte para facilitar o desprazamento á sede do campamento

 

Campamentos verán 2019

 

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ven de publicar a oferta a programación de actividades da Campaña de Verán-2019  (DOG do 22 de abril de 2019)

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 2 de maio de 2019.

Poden solicitar a súa participación nesta convocatoria os/as mozos/as que teñan entre 9 e17 anos:
– Os/as nacidos/as no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
– Os/as nacidos/as no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

Máis información en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Distribuir contido