CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2024-25: Orde do 7 de maio de 2024
Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro.
Manual do cidadán - presentación telemática (enlace)
Fondo Solidario de libros de texto.
- Alumnado admitido/matriculado en 3º e 4º de ESO durante o ano escolar 2024-25. O alumnado de 1º e 2º de ESO non o pode solicitar xa que participará no proxecto educación dixital (E-DIXGAL).
- Asignaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
- Terá preferencia o alumnado que estea en garda/tutela da Xunta de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65%
- Garantirase o mínimo de 6 libros nos casos de renda per cápita menor ou igual a 6000 €, garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade maior ou igual ao 65%; e de 4 libros nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.
Axudas para adquisición de libros de texto.
- Alumnado de EE ou cunha discapacidade superior ou igua lao 65%. 300€.
- Alumnado de ESO con NEAE, 270€ nos casos de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 € (ou en garda ou tutela Xunta); e 180€ nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.
Axudas para adquisición de material.
- Alumnado matriculado durante o ano escolar 2024-25 e con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 €.
- O importe da axuda será de 75 € os casos de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 € (discapacidade maior a o 65% ou en garda ou tutela Xunta); e 60€ nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.
Prazos.
- Prazo único de solicitude do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, ambos inclusive.