Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2024/2025

CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2024-25: Orde do 7 de maio de 2024

Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro.

Manual do cidadán - presentación telemática (enlace)

Fondo Solidario de libros de texto.
- Alumnado admitido/matriculado en  e  de  ESO durante o ano escolar 2024-25. O alumnado de 1º e 2º de ESO non o pode solicitar xa que participará no proxecto educación dixital (E-DIXGAL).
- Asignaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. 
- Terá preferencia o alumnado que estea en garda/tutela da Xunta de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65%
- Garantirase o mínimo de 6 libros nos casos de renda per cápita menor ou igual a 6000 €, garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade maior ou igual ao 65%; e de 4 libros nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.

Axudas para adquisición de libros de texto.

Alumnado de EE ou cunha discapacidade superior ou igua lao 65%. 300€.
Alumnado de ESO con NEAE, 270€ nos casos de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 € (ou en garda ou tutela Xunta);  e 180€ nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.

Axudas para adquisición de material.

Alumnado matriculado durante o ano escolar 2024-25 e con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 €.
- O importe da axuda será de 75 € os casos de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 € (discapacidade maior a o 65% ou en garda ou tutela Xunta); 60€ nos casos de renda per cápita menor ou igual a 10 000 €.

Prazos.
- Prazo único de solicitude do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, ambos inclusive. 

- Prazo extraordinario para os repetidores de 4º ESO e os que non obteñan praza na FPB, de 1 mes dende a formalización da matrícula.

- Para as incorporacións ao longo do curso, o prazo será dun mes a partir da formalización da matrícula e como data tope o 31 de marzo de 2025.
- Publicación da relación provisional de solicitudes de fondo solidario admitidas ou excluídas o 12 de xullo de 2024.
- Prazo de reclamación: 12 e 13 de xullo.
- Publicación da relación definitiva de solicitudes de fondo solidario admitidas ou excluídas o 26 de xullo de 2024.
- Entrega de libros ao alumnado ao inicio do curso.
Entrega de vales das axudas para material aos solicitantes a partir do 1 de setembro.

Documentación. Achegarase xunto coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación segundo corresponda.

a. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b. Membros computables: Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou  regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, certificado de convivencia, Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente .

c. Grao de discapacidade: Certificado ou resolución acreditativa desta situación, Resolución do INSS de recoñecemento dunha pensión por incapacidade... con referencia a data do 31 de decembro de 2022.

d. Violencia de xénero: Acreditación segundo o artigo 5 da Lei 11/2007 do 27 de xullo. 

e. Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial.

f. Tutela ou garda da Xunta de Galicia: Copia da resolución do acollemento ou certificado do centro de menores. 

g. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

Comprobación de datos. Consultaranse automaticamente os seguintes datos:

a. DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.
b. DNI ou NIE da persoa representante do/da solicitante.
c. Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións no exercicio 2022 da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.
d. Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.
e. Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ou superior ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso. En ambos os casos, a data de referencia é o 31 de decembro de 2022.

No caso de que as persoas interesadas (a persoa solicitante e os membros computa-bles da unidade familiar) se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e no de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo II) e achegar os documentos mediante presentación de orixinal e copia ou de copia compulsada.

Obrigas dos beneficiarios.
- Devolver os libros de texto adquiridos coas axudas ou recibidos do fondo solidario no curso 2023-24.
- Conservar en bo estado os libros de textos recibidos do fondo de libros ou adquirido coas axudas para e devolvelos ao rematar o curso escolar 2024-25 .

Devolución dos libros de texto do fondo solidario de libros de texto do centro 2023-24.

- Deberán devolvelos ao rematar o curso ou en caso de traslado a outro centro.

- É importante devolver todos os libros que aparecen na listaxe oficial para evitar non poder acceder a axudas nos vindeiros cursos.

- Os libros devoltos deberán estar en bo estado, validos para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso seguinte, sen nomes, sen escribir neles nin subliñados ou rotos. De non facelo así, ademais de quedar excluídos de posteriores axudas ou do uso do fondo solidario, a Consellería podería iniciar un expediente de reintegro da axuda concedida.

- A recollida será coincidindo cos últimos días de clase en xuño e, o centro fará a revisión dos mesmos e acreditará a súa devolución e o estado dos mesmos 

A dirección
Maio 2024