DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Co gallo do Día das Letras Galegas, neste ano adicado á poeta, violinista e profesora coruñesa Luísa Villalta, o noso alumnado explorou o seu lado máis creativo elaborando ducias de poemas visuais. Para a súa realización, escolleron versos, estrofas ou mesmo poemas enteiros de Luísa Villalta e combináronos coas artes plásticas máis variadas (colaxes, ilustracións, caligramas...)

Velaquí mostramos algunhas das obras resultantes, que se poderán ver durante estas próximas semanas nunha exposición no corredor do edificio principal.

Moitas grazas pola participación a todo o alumnado e por formar parte, un ano máis, deste día que serve para homenaxear as nosas autoras e reivindicar a nosa cultura e lingua propia!

 

     

        

        

 Mais traballos (aínda non todos) no vídeo:

 https://youtu.be/_bBzVfY_2iE