2º/3º/4º Interpretación da Novena sinfonía

07/05/2024 11:45
Europe/Madrid

A actividade, en conmemoración do Bicentenario da estrea da Novena Sinfonía de Beethoven, consistirá na interpretación do 4º movemento da sinfonía ao inicio da cuarta sesión de clase para toda a comunidade educativa. O alumnado reunirase nas gradas do patio para escoitar a interpretación, que durará entre dez e quince minutos. No caso de que chova, a actividade trasladarase ao pavillón. 

O profesorado acompañará ao grupo que lle corresponda durante a interpretación.

Interpretará a peza alumnado voluntario de 2º, 3º e 4º ESO.

Departamento de Música