Mes de maio

Concurso de booktubers

para celebrarmos o día do Libro convocamos un concurso de booktubers, que consistiu en eleborar recomendación literarias en formato vídeo de Youtube. Parabés ao gañador de 1º da ESO, Ethan Eiriz.

Exposición Francisco Fernández del Riego

Colocamos na parede do corredor unha exposición sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas.

Xincana Literaria

En colaboración co Dpto. de Lingua e Xeografía de Historia, elaboramos unha Xincana Literaria para dar a coñecer a figura de Fernández del Riego ao alumnado de 1º da ESO.