Mes de abril

OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL

Grazas á Asociación de baile Donaire e á colaboración do Dpto. de Educación Física tivemos a sorte de realizar un obradoiro de baile tradicional para todo o alumnado de 1º da ESO. Aprendemos a estrutura básica da muiñeira e botámonos a bailar. Ata nos acompañaron coa gaita en directo! Agradecer tamén á dúas alumnas colaboradoras de 3º ESO que xa son expertas bailadoras.

 

    

    

CONCURSO DE MONÓLOGOS

O 14 de abril as alumnas de 2º ESO E Paula Barbeito, Daniela Berdomás e Sofía Naya participaron no concuro de monólogos do Concello da Coruña, que traballaron na materia de Oratoria con todos os seus compañeiros. Conseguiron o 1º premio! Moitos parabéns, rapazas.

 

SAÍDA AO TEATRO

 

O venres 28 de abril o alumnado de 3º ESO acudiu ao Forum Metropólitano para ver a representación da obra Relato para un incendio da compañía aAntena.