IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
BOLSAS e AXUDAS Ministerio de Educación e Formación Profesional - curso 2023/24BOLSAS ESTUDOS POST-OBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS Poden solicitar unha bolsa do Ministerio de Educación aquel alumnado do centro que teña pensado matricularse no curso 2023-2024 nalgún dos seguintes niveis: - Bacharelato. - Formación Profesional de Grado Básico. - Formación Profesional de Grado Medio. - Outros estudos post-obrigatorios. Moi importante: Pedir a bolsa sempre dentro do prazo (do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023). Máis información: (enlace web Bolsas Educación).
AXUDAS DE APOIO EDUCATIVO Axudas dirixidas a alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo. Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais. A convocatoria destas axudas para o curso 2023-2024 publicouse o 26 de abril de 2023 (enlace BOE). Estas axudas pódense solicitar desde o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023. Máis información: (enlace web Axudas Apoio Educativo). |
Eventos |