Mes de febreiro

 O mes de febreiro estivo cargado de celebracións: o Día da Candeloria, o Entroido e o Día de Rosalía.

Iniciamos o mes celebrando o “casamento dos paxariño”, como se coñece popularmente ao Día da Candeloria. Levamos a cabo unha actividade en que o alumnado escribiu mensaxes anónimas a unha persoa querida en papeis que logo penduramos nuns grandes corazóns. Aquí vos deixamos o resultado.

Para o celebrarmos o Entroido desenvolvemos varias actividades. Unha delas foi a creación de infografías e murais arredor das figuras do Entroido e dos nosos costumes, feitas por alumnado de 1º e 4º da ESO. Aquí tedes unha mostra.

Na semana do Entroido tamén puxemos en práctica os “Mandatos de Otero”, cada día Otero mandaba traer unha cousa distinta: lentes e sombreiro, zapatos distintos, unha flor...

O venres 17 de febreiro puxemos o broche final coa celebración dun concurso de comparsas que tivo moito éxito. Resultaron gañadores 3º ESO C, 4º ESO A e 1º ESO C. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

 

Para finalizarmos este mes intenso, o alumnado da materia de Artes Escénicas de 4º da ESO celebrou o día de Rosalía a través dunha actividade ben interesante, "Os Borboriñantes". Esta actividade consistiu en susurrar poemas de Rosalía a alumnos e alumnas de 1º da ESO en diferentes espazos do centro.