Reparto de máscaras ao alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

a)  É beneficiario e non ten que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, que as recibirán de oficio.
b)  Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Solicitude  ANEXO I e II

Presentación de solicitudes: só se poderá facer de forma presencial no secretaría do instituto.

Prazo: do 16 ao 27 de novembro.

Documentación: (agás o modelo de solicitude ANEXO I, a documentación é a mesma que a do Fondo solidario de libros)

Poden atopar máis información na Sede electrónica da Xunta de Galicia  PROCEDEMENTO ED330E