Esquema de temas
Polos Creativos do IES Número 1 de Ribeira
Déixovos aquí a programación definitiva do curso. Se comparades coa planificación incial, hai un cambio de datas, e ben dado porque non tiven en conta as avaliacións, por iso adiantei esta data unha semana.
Na creación de materiais, por favor, tentade empregar o logo.
REDES SOCIAIS DOS POLOS CREATIVOS DO IES NÚMERO 1 DE RIBEIRA
Z
Autorizacións para o alumnado participante nas actividades dos Polos Creativos.
Adxúntase a autorización que deberá ser firmada polo profesorado para o tratamento de imaxes tomadas por parte do centro dentro das actividades levadas a cabo dende os Polos Creativos.
Adxúntase a autorización que deberá ser firmada polo alumnado e as súas familias para o tratamento de imaxes tomadas por parte do centro dentro das actividades levadas a cabo dende os Polos Creativos.
KITS SINGULARES
No cartafol adxunto tedes tódolos materiais facilitados nos Kits que chegaron o 8 de xaneiro. No almacén dos Polos Creativos quedarán os orixinais, e todo aquelo que queirades imprimir deberíades facelo dende estes arquivos.
Dende o asesoramento de Polos Creativos, reenviaron a información relativa ao novo kit 8M (DIXITAL), que lles trasladaron dende a Asesoría de Coordinación Estratéxica e Innovación, para a súa difusión.
Neste set de actividades podemos atopar 4 NOVAS PROPOSTAS que inclúen a parte didáctica, as indicacións de montaxe e os modelos descargables para a súa réplica rápida nas aulas, e se é caso, a súa adaptación. Próximamente engadiránse uns vídeos de apoio para as dúas primeiras.
1.Actividade 1-Redeiras por un día
2.Actividade 2-Tecendo redes
3.Actividade 3-A ciencia con ollada de muller
4.Actividade 4-Elas debuxan círculosXa están á vosa disposición neste cartafol.
Vídeos das sesións formativas e de material do curso de novos coordinadores de Polos Creativos.
Inda falta documentación dalgunha sesión. A medida que vaian actualizando no curso do CAFI irei actualizando aquí tamén.
Primeira sesión de traballo individual dos Polos Creativos. (21/02/2023)
Dentro da formación que as persoas coordinadoras dos Polos Creativos estamos a recibir, esta sesión de formación pareceume a que máis exemplos prácticos propón para levar a cabo acividades dentro da aula. Nesta sesión de traballo individual, visualizaremos este vídeo e despois poñeremos en común as nosas impresións, ideas, ....
Segunda sesión de traballo individual dos Polos Creativos (06/03/2024)
Nesta sesión de traballo elaboraremos unha actividade para poder levala á aula co alumnado. Tedes á vosa disposición unha tarefa para entregar un documento en pdf onde se expliquen os obxectivos e o desenvolvemento da actividade, sempre enmarcada dentro do programa de Polos Creativos.
Unha vez sexan entregadas as tarefas faránse visibles para todo o o profesorado, para a súa posterior posta en común.
Recordade entregala en pdf, por favor
Segunda sesión de traballo grupal (13/03/2024)
Documentación da Xornada de Formación Técnica
Esta documentación explicouse na xornada técnica desenvolvida no CAFI o día 2 de marzo. Básicamente consiste na posta en marcha das máquinas, instrucións de uso e ligazóns de referencia para obter material para empregar cas mesmas.
Tedes que entender esta información como algo a longo prazo, e non é necesario que todos saibamos empregar todas as máquinas. Deberíamos elexir unha cada un de nós, para sacarlle un maior rendimento posible, e ademáis servir de referencia para explicarlle a outros compañeiros.
Docencia no centro: croma (03/04/2024)
Docencia no centro: plotter de corte (24/04/2024)
Cuarta sesión de traballo grupal (08/05/2024)
MANIPULACIÓN DA MÁQUINA DE CHAPAS DOS POLOS CREATIVOS
Deixamos aquí un vídeo no que se explica cómo empregar a máquina de chapas adquirida polo centro dentro do programa de Polos Creativos.