INSTALACIÓNS

As instalacións do noso centro.

INSTALACIÓNS 18/19

As instalacións do IES O Mosteirón atópanse situadas no Lugar de A Esperela, na localidade de Mosteirón [(Sada) A Coruña]. O centro educativo comparte recinto escolar e algunhas instalacións como: pistas polideportivas, Ximnasio, etc. co CEIP Plurilingüe O Mosteirón.

O edificio no que se atopa o IES O Mósteirón foi inagurado no ano 1976, cando o centro pertencía ao Instituto Social da Mariña. Na actualidade a titularidade do Centro é ostentada pola Xunta de Galicia.


No interior do edificio atópanse:

- Conserxería

- Secretaría.
- Aulas-grupo (5) e aulas-departamento/desdobres (7).
- Aulas específicas: Idiomas, Música, Tecnoloxía, Plástica, Informática (2) , Audiovisuais e Usos múltiples.
- Biblioteca.
- Ximnasio con zona de aseos e vestiarios, que é compartido con o CEIP Plurilingüe O Mosteirón.
- Tres Laboratorios: Física, Química e Ciencias Naturais.
- Unha Sala de Profesores.
- Despachos (Dirección, Xefatura de Estudos, Secretaría e Administración).
- Unha Sala para Visitas.
- Unha Cafetería.
- Un Almacén.
- Un Local destinado a arquivo.
- Un despacho para a ANPA.


No exterior:
Un Salón de Actos que se atopa no edificio da antiga residencia.
- Pistas deportivas compartidas co CEIP Plurilingüe O Mosteirón.
- Comedor, cociña, que se atopan no edificio do CEIP, pero que dependen a nivel de xestión do lES.

Distribuir contido