CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

22/02/2019 20:46
Africa/Addis Ababa
Hoxe celebramos na biblioteca a nosa homenaxe a Rosalía de Castro. Os Atrapasoños leron unha selección de poemas da escritora nun acto protagonizado polo alumnado de 3º de ESO. 

 

Do XIX ao XXI Libre o meu pensamento! era o lema proposto  este ano para conmemorar esta data. A rapazada berrou  esta consigna  en varias ocasións despois da lectura de textos significativos sobre a emigración, a marxinación da muller ,  a defensa da lingua , etc.

 

Andrea e Laura acompañaron algunha das composicións coas súas pandeiretas, escoitamos versións musicadas das súas poesías e ao final , coa axuda da interpretación ao piano de Juan Vilas, cantamos todos " Adiós ríos, adiós fontes".

 

Cada participante levou como agasallo un minilibro cos poemas de Rosalía e unha flor.