Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Febreiro 27, 2024
Start: 27/02/2024 18:55

Aquí podes ver unha reportaxe do CITIC sobre a visita do alumnado de 4º ESO do noso centro ás súas instalacións... a verdade é que desfrutaron un montón!!!

Start: 27/02/2024 19:05

Así celebramos o día de Rosalía no noso instituto... da man do Equipo de Dinamización Lingüística que guiou ao alumnado participante.

... E... que bonitiño quedou todo.

Noraboa!!!

Start: 27/02/2024 20:14

Aquí pode consultar o menú do mes de marzo de 2024

Venres Marzo 01, 2024
Start: 01/03/2024 11:16

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2024-2025

A solicitude será única e poderase presentar:

  • preferentemente de forma electrónica

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • de xeito presencial na secretaría do IES

SOLICITUDE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTENIDOS CON FONDOS PÚBLICOS: ANEXO II (arquivos adxuntos)

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

Do 1 ao 20 de marzo para aquelas solicitudes que se presenten na secretaría do instituto (de 09:00 a 14:30h)

Do 1 ao 20 de marzo na sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado(empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

Start: 01/03/2024 11:56

Hoxe día 1 de Marzo abre o Prazo de Solicitude de Admisión para o alumnado de Centros non Adscritos. 

Ven a visitarnos!!!

Concerta unha cita con nós!!!

Deixámosche aquí un tríptico para que nos coñezas un pouco máis. 

Sábado Marzo 09, 2024
Start: 09/03/2024 14:38

O alumnado do IES O Mosteirón realizou distintas actividades para conmemorar o 8 de marzo... 

Martes Marzo 12, 2024
Start: 12/03/2024 13:34

Informamos de que se acaba de crear recentemente unha nova ANPA no noso centro.

A ANPA O HÓRREO ten o compromiso de axudar e apoiar á comunidade educativa para o bo funcionamento do noso centro.

Animamos a que vos interesedes polas accións que esta asociación desenvolve e a colaborar con ela.

Aquí poden acceder á carta de presentación dirixida á comunidade educativa do noso IES.

Xoves Marzo 14, 2024
Start: 14/03/2024 17:33

O noso alumnado realizou un obradoiro de primeiros auxilios impartido por unha médico de Urxencias do SERGAS e un Técnico de Emerxencias Sanitarias, para ensinar cales son ás técnicas e procedementos que deben empregar en determinados casos nos que pode estar en xogo a vida de compañeiros e compañeiras.

 

Xoves Marzo 21, 2024
Start: 21/03/2024 17:19

Aquí pode consultar o menú do mes de abril de 2024.

Distribuir contido