Articles

LIGA DE BALONCESTO

Durante o primeiro trimestre do curso desenvolvimos a liga interna de baloncesto, na modalidade de 3 contra 3 e nunha canasta, coa participación dos equipos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Tivemos moitos problemas para poder xogar xa que facía moito frío e non paraba de chover. Finalizámola sen ter xogados a metade dos encontros. Queremos facer chegar dende eiquí o noso agradecemento a todos os que soportaron os rigores do inverno e fixeron posible xogar ao bonito deporte do baloncesto nos recreos.