Articles

NOMES PARA AS NOSAS AULAS

Desde o ENDL dinamizouse a actividade de rotular as aulas e espazos comúns do Centro con nomes de persoeiros da nosa cultura.

NOMES PARA AS NOSAS AULAS

DECEMBRO

Durante este mes , no taboleiro do ENDL estivo exposta información sobre a tradición do Nadal en Galicia e sobre a figura do APALPADOR, descoñecida para moitos.

DECEMBRO

OBRADOIRO DE CÓMIC CON SANTI GUTIÉRREZ

  Recibimos a Santi Gutiérrez no Instituto o día 23 de novembro.O alumnado de 4º de ESO participou na creación dun cómic inventando unha historia á que o ilustrador ía dando vida cos seus debuxos. A actividade foi realizada polos departamentoe de Lingua Galega e Plástica.

Santi Gutiérrez dedícase profesionalmente ao debuxo dende 1993. Realiza diariamente dende entón viñetas de humor gráfico e caricaturas de prensa para multiples cabeceiras .Ilustra artigos, reportaxes, libros e cómics para revistas e editoriais; e realiza debuxos de campañas gráficas e animación para empresas de publicidade e produtoras de audiovisual. É membro fundador do estudo Baobab e presidente da AGPI dende xaneiro de 2008.

OBRADOIRO DE CÓMIC CON SANTI GUTIÉRREZ

OBRADOIRO DE CÓMIC CON SANTI GUTIÉRREZ

Santi Gutiérrez debuxando un dos seus personaxes.

OBRADOIRO DE CÓMIC CON SANTI GUTIÉRREZ

MANDALA OUTONAL

Coa axuda da profesora de Plástica , o alumnado do ENDL creou unha mandala cos froitos do outono para ambientar o Samaín e dar a coñecer o nomes de árbores e froitos autóctonos.

MANDALA OUTONAL

SAMAÍN EN MOSTEIRÓN

MURAL INFORMATIVO SOBRE A ORIXE DESTA TRADICIÓN.

SAMAÍN EN MOSTEIRÓN

INICIO DO CURSO 2009-2010

O ENDL RETOMA A ELABORACIÓN DE CALENDARIOS PARA AS AULAS.

 Descrición  da actividade:

 En colaboración co Departamento de Galego elaboraremos durante todo o curso uns calendarios para as aulas e os lugares comúns. Estes calendarios son de carácter mensual (en tamaño A3 e plastificados) e ofrecen información sobre datas sinaladas, cuestións de lingua, refráns e datos sobre literatura e autores galegos. Son nove almanaques, tres por trimestre.

Obxectivos

Normalizar a lingua escrita, tentando que o alumnado asimile a nomenclatura dos meses e dos días da semana na forma galega, deixando de usar os castelanismos.

Dar a coñecer datos sobre a nosa literatura e cultura.

Informar das actividades do Instituto.

Destinatarios:

Toda a comunidade educativa.

INICIO DO CURSO 2009-2010

XUÑO DE 2009

Por segundo ano consecutivo Cándido Pazó estivo connosco, facéndonos rir a máis non poder.

XUÑO DE 2009