You are hereBlogues / blogue de admin / Participa no concurso Eduemprende Idea

Participa no concurso Eduemprende Idea


O 17 de abril  a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou o concurso Eduemprende Idea 2017 co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

Requisitos de participación:

1. Estar matriculado no curso 2016/17 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos. 2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

Modalidades e características dos premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

1. Modalidade A: ciclos de grao superior:

 – Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Asesoramento técnico do Igape.

 – Dotación económica:

                1º premio: 3.000 €.

                2º premio: 2.000 €.

                3º premio: 1.000 €.

2. Modalidade B: ciclos de grao medio:

 – Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universitaria. – Asesoramento técnico do Igape.

 – Dotación económica:

                1º premio: 3.000 €.

                2º premio: 2.000 €.

                3º premio: 1.000 €

Prazo  de presentación de solicitudes: Será de 30 días naturais contados a partir do día 18 de abril.

Lugar de presentación de solicitudes: Presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

 a) Ficha de persoas participantes segundo o anexo II da convocatoria.

b) Proxecto de empresa.

 c) Resumo executivo do proxecto.

d) Vídeo de presentación do proxecto.

Podedes consultar toda a información relativa a convocatoria no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170417_concurso_eduemprende.pdf

Se tedes algunha dúbida ou necesidade de asesoramento pasarvos polo instituto para falar co departamento de FOL.