Seguindo o método de Eratóstenes, medimos a altura dunha variña vertical e a lonxitude da sombra solar mínima que produce, é dicir, a sombra, exactamente, ao mediodía hora solar local que, na Coruña, os días de medición cadrou sobre ás 14:25-14:30 horas.
Igualmente, os nosos socios do proxecto, maioritariamente de América do Sur, facían esas medidas, o mesmo día, cando era mediodía na súa localidade. Intercambiando os datos obtidos nesas medidas, e as correspondentes coordenadas xeográficas, puidemos calcular o valor do radio da Terra.
Entre os diferentes socios cos que intercambiamos datos destacan os valores obtidos con:
Escola CPEM 17 de Villa La Angostura, Neuquén (Argentina), Liceo nº 1 de Paysandú (Uruguay) e C.E. Brasilio de Araujo de Bela Vista do Paraíso, Paraná (Brasil). Feitos os cálculos o valor medio que obtemos para o radio é duns 6354 km. Estamos á espera dun valor final medio que inclúa todos os posíbeis intercambios de medidas feitos entre os máis de 400 centros escolares que participamos no proxecto.
O alumnado de 3º da ESO, dentro das actividades organizadas polo Departamente de Lingua Española, asitirá hoxe venres, 22 de novembro, á representación de "El Buscón" no Forum Metropolitano de A Coruña.
A choiva acompañounos na defensa do ensino público.
Un grupo de 50 alumnos de 1º de ESO van facer sendeirismo e escalada deportiva no Petón (Monte Xalo).
Esto é unha forma activa de traballar en equipo para facer un bo grupo, asumir retos e loitar por superarse.
Profes acompañantes:
VOLEIBOL
LUNS, MÉRCORES E VENRES as 17:00
(Contacto: Pepe: 639857730)
ESGRIMA
LUNS e MÉRCORES as 16:00 e XOVES de 17:00 a 20:00
(Contacto:Ruth: 649196044)
PARKOUR
XOVES de 16:00 a 18:00 (Ximnasio e pavillón)
(Contacto:Conchi:981203000)
BAILE
MARTES DE 18:00 A 19:00 (Pavillón)
(Contacto:Conchi:981203000)
IOGA
MARTES DE 18:00 A 19:00 (Ximnasio)
(Contacto:Conchi:981203000)
(INTENTAREMOS FACER UN GRUPO EN CADA ACTIVIDADE. AS NOVAS ACTIVIDADES COMEZARÁN NA 1ª SEMANA DE OUTUBRO)
TEATRO
VENRES TARDE E SÁBADO POLA MAÑÁ
(Contacto:Alicia:660733052)
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer