Punto Laranxa contra o acoso escolar

Normas de obrigado cumprimento para as probas extraordinarias de setembro

 

Mañá 1 de setembro comezan as probas de avaliación extraordinarias. Aínda que xa temos experiencia, non está de máis lembrar as seguintes normas de obrigado cumprimento:

 

  ✔ Á entrada e saída do centro, será obrigatorio para todas as persoas (persoal do centro, familias e visitantes) realizar a hixiene de mans empregando a solución hidro alcohólica colocada na entrada.

 

✔ É obrigatorio usar máscara de protección en todo momento.Gardarase a distancia de seguridade coas demais persoas.

 

✔ O alumnado acudirá ao centro xusto na hora que lle corresponde realizar o exame. En caso de ter varios exames e ter que esperar estará nunha aula habilitada con profesorado de garda.

 

✔ O alumnado levará todo o material necesario para o exame.

 

✔ Non se pode compartir material de uso propio cos compañeiros/as.

 

✔ O acceso á aula realizarase circulando sempre pola dereita e mantendo a distancia de seguridade.

 

✔ Unha vez dentro da aula, o alumnado deberá facer uso da máscara en todo momento e, con carácter xeral, debe permanecer no mesmo sitio durante todo o exame. 

 

✔ Unha vez rematado o exame o alumnado debe abandonar o centro, non podendo quedar polos corredores, patios, etc.

 

✔ En cada aula habilitarase:

 

▪️Un dispensador de solución hidroalcohólica que se deberá usar cada vez que se acceda. 

 

▪️Papel desbotable e solución desinfectante para proceder á limpeza dos postos de traballo se fose necesario.

 

▪️Papeleira de pedal con tapa para todos aqueles materiais empregados na limpeza, hixiene e/ou desinfección (papeis, panos, máscaras…).   

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer