Punto Laranxa contra o acoso escolar

Colaxe: facemos un maio.

Semana do 22 ao 28 de maio
 
EDLG e Proxecto de innovación en dinamización lingüística
 
Ola
Esperamos que sigades ben. Desde o EDLG enviámosvos moitos saudiños.
 
Esta semana imos realizar unha colaxe dun maio.m. Faremos un maio en colaxe.
 
Actividade:
1) Colle un soporte que teñas e o que prefiras para realizar unha colaxe: cartolina, cartón, folio, a tapa dunha caixa, mesmo podedes decorar unha caixa que teñades (de cartón ou de metal...).
2) Fai recortes de letras de xornais ou revistas de onde poidas recortalas, así como anacos de feltro, se tes, botóns, aquel material que che pareza axeitado para decorar o maio e do que poidas dispor.
3) Agora imos compoñelo, xa temos o soporte e o material, agora realizamos o maio:
Trátase de realizar unha colaxe con versos que creen un maio coas letras escollidas e á vez un maio de flores decorando os versos.
Organiza os teus recortes, e anacos de teas..., que puideches conseguir, e, antes de pegar, coloca as pezas como vaias pegalas e, cando estean como desexas, pégaas. O maio colaxe está rematado.
 
O material que teñas de refugallo pódese aproveitar.
 
E cando estea realizado enviádeo antes do 28 de maio a titoria4@gmail.com.
 
EDLG
IES Zalaeta

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer