Punto Laranxa contra o acoso escolar

Recepción grupo Noite Bohemia no Concello

La imagen puede contener: 7 personas, personas sonriendo, personas sentadas e interiorLa imagen puede contener: 7 personas, interiorO alcalde, Xulio Ferreiro, recibiu esta tarde no Pazo de María Pita a Compañía De Teatro Noite Bohemiado IES Ramón Menéndez Pidal que vén de gañar, recentemente, dous premios no XIII Concurso Estatal de Teatro Clásico Grecolatino, organizado polo Ministerio de Educación. O grupo recibiu os galardóns tanto da modalidade de traxedia como de comedia polas súas representacións de 'Troyanas', de Eurípides e 'Miles Gloriosus', de Plauto, espectáculos que formaron parte da programación das Festas de María Pita 2018.

Durante a recepción, o rexedor lembrou que o teatro clásico “é unha fonte de coñecemento porque nos ensina a verdadeira compaixón, o com-pathos: ensínanos a sentir co outro e coa outra. Ensínanos a poñernos no seu lugar e convértenos en cidadáns dignos de habitar a polis. Convértenos en cidadás e cidadáns compasivos”. Ao fío, Ferreiro, quen destacou a aposta do goberno local pola descentralización da programación municipal cultural, da actividade en rúa e do apoio ao tecido creativo, agradeceu ao grupo o seu traballo “por manter viva a cidade e a súa cultura, e por traer á Coruña unha sabedoría que forma parte de cadaquén". "Grazas por lembrarnos quen somos e de onde vimos”, apuntou o alcalde.

La imagen puede contener: 19 personas, personas sonriendo, personas de pie e interiorLa imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, personas de pie e interiorLa imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer