Blogues

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Xornada de portas abertas para alumnado de 6.° de primaria que comece os estudos na ESO no curso 2023/2024.
✔️ 18h: centros adscritos (CEIP Zalaeta, CEIP Curros Enríquez e CEIP Víctor López Seoane)
✔️ 19.30h: centros non adscritos

VIAXE Á NEVE - JACA 2023

A nosa expedición a Jaca xa está de volta despois de 5 días intensos de convivencia, esforzo, traballo en equipo e aprendizaxes que nos acompañarán sempre. Voltamos cansos, pero moi satisfeitos e satisfeitas por todo o compartido e aprendido!

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición:

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

 O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da  orde. 

 O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da Consellería.

 

 

 LIGAZÓN PARA MÁIS INFORMACIÓN

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

50 ANIVERSARIO - IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

O luns 7 de novembro, coincidindo coa celebración do 50 aniversario da apertura do instituto, o 6 de novembro de 1972, tivemos a honra de contar con convidados de excepción no noso centro: profesorado que desenvolveu parte da súa traxectoria profesional no instituto e que, por unhas horas, voltou ás aulas para compartir co alumnado experiencias e lembranzas do seu paso polo centro.
Queremos agradecervos a vosa presenza hoxe, no día que celebramos o 50 aniversario do Zalaeta.
Non esquezades voltar, porque este tamén é o voso instituto, e botámosvos moito de menos!

n/d

BOLSA DE EMPREGO IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

 

Esta bolsa nace co obxectivo último de facilitar o contacto entre o noso alumnado de formación profesional e o mercado laboral, favorecendo deste xeito a inserción laboral destes profesionais formados na área do comercio e o márketing.
▪️ Se eres exalumn@ do centro, debes cubrir o formulario dispoñible en Acceso candidat@s. Formarás parte da nosa base de datos para recibir ofertas de emprego que poidamos recibir.
▪️ Para as empresas, está dispoñible o correo electrónico bolsaemprego@zalaeta.gal, ao que facer chegar ofertas de emprego que redirixeremos ao noso alumnado.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer