Estreamos mural de homenaxe a Neira Vilas
Enviado por admin o Ven, 15/10/2021 - 06:13O mural, sobre a parede exterior do ximnasio, foi realizado por @elmiguelperalta do colectivo Cestola na cachola.
Recollemos a opinión do artista:
Tratei de referenciar a modo de collage composto de fotografías, textos e ilustracións os momentos máis representativos da súa vida: a dura infancia na Galicia da posguerra, a temprana emigración, súa vida e activismo en Arxentina e Cuba, e o seu retorno á terra de Gres (Vila de Cruces).
A idea do collage xurdiu a raíz dunha entrevista que lin dun compañeiro co que traballou na revista infantil cubana Zunzún (da que foi fundador e redactor). Na entrevista comenta que Neira Vilas tiña unha vida moi activa e levaba a cabo multitude de proxectos simultaneamente, e non entendía como podía ser un autor tan prolífico e traballar tan duramente para a revista. Conta que polo visto tiña os petos cheos de papeliños recortados nos que anotaba ideas de todo tipo que lle xurdían ao longo do día. Cando chegaba a casa adicábase a ordenar todos os fragmentos en composicións que despois organizaba minuciosamente en carpetas para empregalas cando fose necesario nas súas publicacións. Así pois imaxinei unha composición deses papeis dispersos nunha parede para ilustrar a súa vida e obra.
Inicio do curso 2021-22
Enviado por admin o Lun, 06/09/2021 - 04:54O día 15 de setembro comeza o curso 2021-22. De 9.00 a 9.50 h, o alumnado reunirase na aula co/a profesor/a titor/a, onde se lles facilitará o horario así como varias informacións sobre funcionamento e organización do centro. A partir das 9.50 h seguirán as clases segundo o horario.
Información para o alumnado de BAC e FP que queira facer uso do transporte escolar
Enviado por admin o Ven, 03/09/2021 - 16:39Neste curso, o alumnado non pertencente á ESO non pode ser inscrito como usuario de transporte escolar gratuíto, polo que tería que facer uso deste servizo como liña regular facendo o pago do billete correspondente ao traxecto.
Entrega de notas da convocatoria de setembro
Enviado por admin o Mér, 01/09/2021 - 04:37O boletín de notas da cualificacións entregarase o luns 6 de setembro ás 10 h.
O período de reclamacións e matrícula terá lugar do 6 ao 8 de setembro até as 13 h.
Libros de texto para o curso 2021-22
Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 06:14Podedes consultar a información sobre libros de texto para o curso 2021-22.
Calendario de probas extraordinarias da convocatoria de setembro
Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 05:04Nesta entrada podedes consultar o calendario de probas da convocatoria extraordinaria de setembro (curso 2020-21).
Sae o cuarto número de Marco Numérico
Enviado por admin o Xov, 17/06/2021 - 06:56O presente volume ten carácter monográfico e está centrado na análise dos datos asociados á pandemia da COVID.
Marco Numérico é a publicación de investigación matemática do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), onde se recollen traballos realizados por alumnado do centro. A revista, de periodicidade anual e xurdida no curso 2017-18 a iniciativa do departamento de matemáticas do centro, quere recoller os traballos de investigación realizados polo alumnado, tomando as matemáticas como eixo central. Os traballos, suxeitos aos estándares de rigor e forma propios do ámbito académico, deben ser orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias.
Para este último número, o alumnado traballou en exclusiva sobre datos asociados á COVID. O actual contexto pandémico puxo de relevo a importancia de comprendermos os conxuntos de datos, co obxectivo de prever a evolución futuro e anticipar certas decisións. Neste sentido, a pandemia puxo ante a sociedade un volume moi amplo de información que debe correctamente analizada de xeito que sexamos quen de estimar e anticipar a súa evolución futura, mesmo en contextos altamente volatis como o que estamos a vivir.
Polinomio de Lagrange na interpolación da COVID durante o confinamento
Diferenzas divididas na evolucion da mortalidade por COVID
Interpolacións comparadas na pandemia da COVID en Galiza
O teorema de Bayes na detección da COVID-19
Inferencia bayesiana na interpretación dos tests de diagnostico da COVID-19
Incidencia da mobilidade na evolución da COVID
Información para as familias sobre o equipamento e-Dixgal
Enviado por admin o Xov, 17/06/2021 - 05:51Achegamos información de interese sobre o equipamento e-Dixgal.
Matrícula para o curso 2021-22
Enviado por admin o Xov, 17/06/2021 - 05:34O alumnado que supere o curso na convocatoria de xuño ou ben que suspenda un máximo de dúas materias deberá formalizar a matrícula para o curso seguinte do 24 ao 30 de xuño, en horario de 10 a 13 h.
A entrega de notas está prevista para o 24 de xuño ás 11.30 h. O alumnado deberá recoller nese momento o sobre de matrícula coa documentación necesaria.
Para o caso do alumnado que se matricule en 1º ESO, xunto co sobre de matrícula deberá entregar tamén 2 fotos tamaño carné, copia do boletín de cualificacións de 6º EP e copia do documento de identidade.
A escola das avoas
Enviado por admin o Ven, 28/05/2021 - 04:48- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »