Saltar navegación.
Inicio

Reunión das familias para a excursión a Manzaneda

O próximo mércores 4 de decembro ás 17:30h celebrarase unha reunión coas familias do alumnado de 1º e 2º de ESO na aula Manuel Dobarro para tratar a posibilidade de realizar unha excursión a Manzaneda, organizada polo Departamento de Educación física. Explicaranse os obxectivos da saída, o custo, as datas e todo o que xurda en relación con ela.

As familias que non poidan acudir á reunión e desexen información poden chamar ao centro os xoves de 10:40h a 13:40h e preguntar por Begoña Ferreiro.

Con todo, cómpre lembrar a importancia de que acudan, posto que o prezo varía en función do número de alumnado que queira realizar a actividade.

Videoconferencia de Jorge Mira

O pasado martes día 12 de novembro o alumnado de 3º e 4º de ESO e   1º de bacharelato asistiu a unha videoconferencia do doutor en Física Jorge Mira sobre como medir a distancia entre a Terra, a Lúa e o Sol, impartida dentro da xornada "Ciencia en galego", organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración coa USC. Nela participaron 100 centros de secundaria e uns 6 000 alumnos e alumnas de toda Galicia. Pódese consultar máis información no blog da biblioteca, que foi a que se encargou de organizar a actividade no noso centro, dado que o seu proxecto para este curso pretende promocionar e divulgar a lectura científica.

Comezo do Plan lector

Continuando coa dinámica de cursos anteriores, nesta semana poñerase en marcha o Plan lector para todos os grupos de ESO. Pódense consultar os horarios das sesións de lectura (30 minutos) de cada grupo na seguinte ligazón.

Ollos de aula: unha revista para as familias

Desde outubro de 2012 a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) publica na súa web unha mini-revista dirixida ás familias do alumnado. Ten periodicidade mensual e pódese descargar directamente desde a súa páxina ou mesmo subscribirse para recibila directamente a través do correo electrónico.

Pretende achegar información variada e accesible sobre a educación e convidar á reflexión sobre os temas que, como nais e pais, poidan causar preocupación. Cun deseño atractivo e un ton ameno, pode ensinarnos cousas moi útiles en moi pouco tempo. Non a perdades!!

Presentación do libro Mámoas de Oirós. Lendas possíveis

Deseño de Séchu Sende

O pasado mércores 17 de outubro o Club da lingua do IES Marco do Camballón presentou no centro o libro Mámoas de Oirós. Lendas possíveis. No mesmo acto tamén se explicaron as actividades programadas para este curso 2013-14., que tamén podedes consultar no blog Palabras de pedra.

No seguinte enlace pódese acceder á noticia no Faro de Vigo.

Concurso de relatos Eureka!

Consulta aquí as bases.

Concurso de relatos Eureka!

Datas das avaliacións


  • Avaliación inicial ESO: 21 e 23 de outubro
  • 1ª avaliación: xoves 19 de decembro
  • 2ª avaliación 2º bach.: luns 17 de marzo
  • 2ª avaliación ESO e 1º bach.: martes 1 de abril
  • Avaliación de pendentes: por determinar
  • 3ª avaliación: por determinar.

Aberto o prazo para o Club de lectura

  Un ano máis a biblioteca do centro bota a andar o seu club de lectura  Cambaleón.

Distribuir contido