Libros de texto para o curso 2020-21
Enviado por admin o Mar, 30/06/2020 - 06:41Aquí podedes consultar a información sobre os libros de texto para o curso 2020-21 (ESO e BAC).
Calendario de probas extraordinarias da convocatoria de setembro
Enviado por admin o Lun, 29/06/2020 - 05:34Publicamos o calendario de probas extraordinarias de setembro (curso 2020-21).
Listaxe definitiva de admitidas/os no IES Marco do Camballón para o curso 2020-21
Enviado por admin o Ven, 26/06/2020 - 05:02Poderedes consultar no centro a listaxe definitiva de admitidas/os (1º ESO) para o curso 2020-21.
Listaxe provisional do reparto de Fondo Libros
Enviado por admin o Ven, 26/06/2020 - 04:59Datas de matrícula do curso 2020-21
Enviado por admin o Lun, 15/06/2020 - 03:58Publicamos as datas de matrícula e horarios para o curso 2020-21. Están distribuídas por cursos e franxas horarias a fin de evitar aglomeracións.
Protocolo de entrega de notas do curso 2019-20
Enviado por admin o Lun, 15/06/2020 - 03:55Consulta o arquivo adxunto para coñecer a data, horario e instrución específicas para o procedemento de entrega dos boletíns de notas do curso 2019-20.
Listaxe provisional de admitidas/os no IES Marco do Camballón para o curso 2020-21
Enviado por admin o Mar, 09/06/2020 - 07:05Podedes consultar no centro a listaxe provisional de admitidas/os no IES Marco do Camballón para o curso 2020-21 (curso 1º ESO). A listaxe definitiva publicarase o 22 de xuño. Proximamente comunicaranse as datas para a formalización da matrícula.
Data de probas finais para alumnado de FP (CM SOLCA) con perda de dereito de avaliación continua
Enviado por admin o Lun, 08/06/2020 - 06:58Convócase ao alumnado de 1º do CM de SOLCA con perda de dereito de avaliación continua (PD) á realización dunha proba final telemática segundo o calendario que se indica nesta nova.
Educación afectivo-sexual amplía a oferta educativa do centro no curso 2020-21
Enviado por admin o Mar, 02/06/2020 - 05:51A materia Educación afectivo-sexual vén de ser aprobada para a súa incorporación á oferta educativa do centro a partir do próximo curso 2020-21. Poderase escoller como materia de libre configuración de centro en 2º ESO, cunha carga horaria semanal de 1 h.
Sae do prelo o terceiro volume de Marco Numérico
Enviado por admin o Lun, 01/06/2020 - 05:17Marco Numérico é a publicación de investigación matemática do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), onde se recollen traballos realizados por alumnado de ESO e BAC.
O terceiro volume de Marco Numérico acaba de saír do prelo nas difíciles circunstancias provocadas pola pandemia do virus COVID-19. Foi posíbel grazas á implicación do alumnado participante que, mesmo en condicións de confinamento, foi quen de achegar contribucións moi interesantes.
A publicación (de periodicidade anual e xurdida no curso 2017-18 a iniciativa do Departamento de Matemáticas do IES Marco do Camballón) quere recoller traballos de investigación realizados por alumnado de secundaria e bacharelato de centros de ensino galegos que teñan as matemáticas como eixo central. Os traballos, suxeitos aos estándares de rigor e forma propios do ámbito académico, deben ser orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias. A temática dos artigos é libre, podendo abordar asuntos de interese social e ecolóxico como outros especificamente asociados ao eido da investigación matemática ou numérica.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »