Saltar navegación.
Inicio

O Camballón vence en Valadares

O pasado 24 de novembro o IES Marco do Camballón venceu no Encontro Escolar Provincial de Regueifa de Valadares. O noso instituto conseguir clasificar cinco regueifeiras na semifinal Parabésn ás regueifeiras e regueifeiros do Camballón, que cursan unha materia optativa de "Regueifa e mprovisación oral en verso" en segundo da ESO, e manteñen un "Clube da Regueifa" e mais unha liga non competitiva de regueifa "RegueiChampións".
Alumno de regueifa no Valadares

Alumno do Camballón acada a medalla de ouro no campeonado Galicia Skills

O alumno, Sergio López, do segundo curso do Ciclo de Soldadura e Calderería, foi premiado co primer premio, medalla de ouro, na categoría de soldadura dentro campionato galego de FP Galicia Skills.

Gañador e profesor

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.

Como gañador do campeonato, na categoría de soldadura, Gabriel representará a Galicia no campionato nacional Spainskills. 

Este premio é unha gran alegría para todo o instituto, e un recoñecemento da labor realizada polo profesorado do ciclo de soldadura.

Faro de Vigo: Los más habiles de la clase

La Voz de Galicia: Galicia Skills 2023

Plan de Pendentes 23-24: Información e datas

               A partir da próxima semana ponse en marcha o Plan de Pendentes. Este plan está pensando para facilitar ao alumnado a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores. Permite levar un seguimiento máis detallado de cada caso e actuar dunha maneira máis personalizada co alumnado 

O plan consiste na entrega de 12 tarefas, ao longo de todo o curso, e de ata dúas probas escritas

Notificación de folga do alumnado para o venres 23 de setembro.

Notifícase que o alumnado, a través do seus representantes, solicitaron por escrito unha inasistencia colectiva a clase (folga) para o día 22 de setembro do 2023.

Aqueles alumnos que exerzan o seu dereito deben traer cuberto e firmado polos seus pais o documento adxunto.

O documento é unha nota informativa que  ten como finalidade informar que a participación do alumnado nesta inasistencia colectiva a clase (folga) foi oficialmente solicitada polos seus representantes no IES MARCO DO CAMBALLÓN e convenientemente argumentada.

Lembrámoslle que o dereito á inasistencia colectiva a clase (folga) está recollido para o alumnado no Proxecto Educativo do Centro, e non é aplicable aos alumnos de 1º ESO e 2º ESO.

Inicio curso 2023-2024

O día 11 de setembro comeza o curso 2023-24. De 9.00 a 9.50 h, o alumnado reunirarse na aula co profesorado responsable de cada titoría, onde se lles facilitará o horaro así como varias informacións sobre o funcionamento e organización do centro. A partir das 9.50 h seguirán as clases segundo o horario.

O alumnado deberá agardar na porta asignada a ser chamado para a súa entrada ao edificio do centro. Accesos:

  • Porta 1: Alumnado CM Atención a persoas en situación de dependencia
  • Porta 2: Alumnado 1º e 2º ESO
  • Porta 3: Alumnado 3º ESO e CM Soldadura e Caldeiraría
  • Porta 4: Alumnado 4º ESO, BAC e FPB

Libros de texto para o curso 2023-24

Nos documentos adxuntos pode consultarse a listaxe de libros de texto para os cursos da ESO e Bacharelato para o próximo ano académico 2023-24. 

Os cheques para material escolar para os cursos da ESO serán entregados ao comezo de curso. Asemade, recordamos que non se dispón actualmente de banco de libros do centro. 

Na Formación Profesional de grao básico e medio, o profesorado dos distintos módulos dará as indicacións ao alumnado sobre a adquisición de libros de texto ao inicio do curso.

Publicamos o sexto número da revista Marco Numérico

No curso 2017-18, o departamento de matemáticas arrincou coa publicación matemática Marco Numérico, co obxectivo de recoller os traballos de investigación matemática realizados polo alumnado no centro. Desde entón atravesamos algunhas dificultades que puxeron en cuestión a súa continuidade. Con todo, ao cabo fomos quen de chegar até o sexto número que publicamos no presente curso 2022-23.

Este volume recolle artigos de investigación realizados polo alumnado da materia Métodos estatísticos e numéricos de 2º BAC. Os traballos que se recollen son os seguintes:

- Aplicación das cadeas de Markov á meteoroloxía do mundo de Oz.

- Aplicación das cadeas de Markov nun poema de Rosalía de Castro.

- Métodos numéricos aplicados á resolución da ecuación de onda estacionaria.

- Integración numérica: métodos das sumas, do trapecio e regra de Simpson.

Como novidade, este é o primeiro número que conta cun limiar cunha antiga alumna do centro. Trátase de Noelia García García, enxeñeira informática que participou cos varios artigos no primeiro número da revista.

 

 

 

 

Calendario de probas finais para Bacharelato e Formación Profesional

Nesta entrada pódense consultar, nos documentos adxuntos, as datas e horas fixados para as probas finais nos ciclos medios de SOLCA e APSD, así como para as probas extraordinarias de Bacharelato e Formación Profesional Básica. 

As alumnas de APSD participan na Campaña Mundial pola Educación

As alumnas de primeiro de APSD participaron no acto central da Campaña Mundial pola Educación celebrado no parlamento de Galicia. O obxectivo da campaña deste ano era visibilizar o papel da muller na educación. Antía e Aroa interviron no parlamento cun discurso centrado na necesidade de educar en igualdade e recalcando que as profesións non teñen xénero. Tamén quixeron reflexionar sobre a importancia que ten a súa profesión dentro da sociedade xa que como din elas "os coidados son o motor da vida".

Unha vez realizadas as intervencións do alumnado dos distintos centros participantes, recibiron resposta das portavoces dos distintos grupos parlamentarios.
No seguinte enlace podedes ver a súa intervención a partir do minuto 1:14:00.

 

 

 

 

Aberto o prazo para participación no Fondo Libros e as axudas para material escolar

Xúntanse instrucións e anexos para participar na solicitude do Fondo Libros para o próximo curso 2023/24 e axudas para material escolar.

Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

- IMPORTANTE: Recomendamos encarecidamente que se realice a presentación antes do venres día 9 de xuño, co fin de deixar un prazo amplo para poder emendar calquera erro que puidese xurdir.

Distribuir contido