Skip to Content

XOÁN HERMIDA E VÍDEO SOBRE O MÉDICO DOS POBRES

O departamento de Historia está a realizar unha serie de actividades para dar a coñecer ao alumnado a situación vivida no noso país por mor da Guerra Civil. É así que este mércores recibiron a Xoán Hermida, profesor retirado de Historia no outro instituto da vila, no Nº 1, que lles falou da preparación do golpe de estado de 1936, da toma de Ribeira polos rebeldes o 28 de xullo e da posterior represión.

Incidiu e amosou todos os seus coñecementos sobre esa represión organizada, planificada e prolongada máis alá de 1939 co obxectivo de exterminar a quen se manifestara a favor da República.

E hoxe mesmo, persoal do concello acudiu ao Leliadoura para poñernos unha película sobre o médico dos pobres represaliados.

E isto non rematou, estade atent@s ao que está por vir!!

 

XOÁN HERMIDA E VÍDEO SOBRE O MÉDICO DOS POBRES


image | by Dr. Radut