Skip to Content

MIGUEL GONZÁLEZ E O PROGRAMA A PONTE

Este xoves comezamos cunha das charlas que nos foi concedida a través do programa "A Ponte" que, como ben se vos explicou alí mesmo, serve de enlace entre o ensino medio e a USC desenvolvendo canles de comunicación entre as dúas etapas educativas.

Miguel González, profesor da USC do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, veu dende Lugo para impartirnos unha charla sobre contidos do seu ámbito docente e investigador. 

Con el navegamos a través dos saberes da diversidade lingüística, da riqueza de posuír tantas linguas no mundo e da importancia de ter todas ben valoradas independentemente do seu número de falantes. Mais a parte máis atractiva foi a que se adentrou na comunicación intercultural e en como se interpretan de diferente xeito, segundo as culturas, determinado tipo de xestualidade ou de palabras.

Ademais, tamén nos informou dun novo grao que hai uns tres anos que se implantou no campus de Lugo e que pode ser de interese para quen lle guste a xestión da cultura; a organización de festivais de música, teatro ou cine; o traballo en museos, arquivos, bibliotecas ou editoriais; a quen lle interese a comunicación ou o márketing cultural ou a quen queira traballar como técnico de cultura ou turismo.

Se queredes máis información sobre este grao pasade por Vicedirección ou Orientación.

 

 

 

 

 

 

 

 

MIGUEL GONZÁLEZ E O PROGRAMA A PONTE


image | by Dr. Radut