Skip to Content

DÍA DA PAZ 2024

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o día da Paz e o Leliadoura súmase a esta efémeride cunha actividade que o alumnado de 1º ESO, 3º ESO e parte de 4º ESO e 1º BACH realizaron durante estas semanas. Estiveron facendo un dos símbolos da paz, grúas; non chegaron a 1000 como si o fixeron os e as compañeiras de Sadako, pero elaboraron unha boa morea que se irán completando ao longo deste e o vindeiro curso ata chegar ás 1000 que manda a lenda xaponesa.

No vestíbulo do centro fomos colgando algunhas durante estes días e pretendemos seguir completando a bandada, pero hoxe quixemos amosar a nosa mensaxe de esperanza nun mundo que nestes momentos se amosa convulso e pouco esperanzador. Seguimos confiando na humanidade porque sabemos que todo xira e funciona grazas a que existen máis persoas boas ca destrutivas e niso baseamos o futuro de tod@s.

Aproveitamos para agradecer ao profesorado e persoal non docente (xa sabedes que falo da nosa benquerida Belén) que se implicou tanto e axudou a que a actividade se puidera levar a cabo nun período de tempo tan curto.

Clicade aquí para ver o vídeo coas fotografías.

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2024


image | by Dr. Radut