Skip to Content

RUTA DAS MÁMOAS

Este luns, todo 1º ESO saíu do centro para realizar a Ruta das Mámoas polos chans do Barbanza, camiñada fermosísima que o departamento de Xeografía e Historia decidiu organizar contando coa axuda dun exprofesor do centro, Axeitos. E, en contra do previsto, foron lixeiriños pois chegaron á Curota antes do tempo estabelecido. Para que despois digamos que a xente nova non ten ansia nin espírito, pois diso nada, porque os máis cativos do centro déronnos unha lección de axilidade e fortaleza. Parabéns, rapazas e rapaces.

 

RUTA DAS MÁMOAS


image | by Dr. Radut