Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR: SORTEO XUNTA ELECTORAL

Ao abeiro da Resolución de 19 de setembro de 2022 pola que se establece o calendario para a realización de membros dos consellos escolares, a dirección do IES Leliadoura fixa como data para celebrar o sorteo dos membros da comunidade educativa que formarán a Xunta Electoral o mércores 2 de novembro ás 10:30 na aula de Usos Múltiples do centro.

A función da Xunta electoral é organizar e supervisar o proceso electoral. Estará constituida polo director do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servicios e un alumno ou alumna de educación secundaria.



story | by Dr. Radut