Skip to Content

REMATAMOS O MES DAS LETRAS CON MORCEGOS

Hoxe, Zeltia López, investigadora do proxecto Drossera e especialista nas distintas especies de morcegos que podemos atopar en Galicia, conectouse cos catro grupos de 1º ESO para falarlles de curiosidades sobre estes animais como que son capaces de nadar e mergullarse, pero tamén contou como cazan, cal é o morcego máis grande do planeta, a que velocidade son capaces de voar e cal é a súa forma de comunicarse.

Centrouse nas distintas especies de morcegos que podemos atopar en Galiza e tamén no mundo, aínda que incidiu máis nas autóctonas. Indicoulles que deben facer se atopan un morcego na casa, cal é o seu hábitat máis habitual, como se reproducen e de que se alimentan. Pero o mellor foi o tempo que estivo resolvendo as dúbidas porque o alumnado tiña moita curiosidade sobre certos aspectos destes animais, non sempre aceptados na sociedade.

 

 

REMATAMOS O MES DAS LETRAS CON MORCEGOS


image | by Dr. Radut