Skip to Content

MÁIS ACTIVIDADES NO MES DAS LETRAS

Seguimos con actividades no mes das nosas letras, da nosa cultura e da nosa lingua e imos lixeiriños porque xa se achegan os exames e temos que ter todo rematado para alá:

-O luns, 9 de maio, Serafín Marcos veu co espectáculo "Coa ledicia de voltar", adicado, como todos os anos, ao homenaxeado do día las Letras: Florencio Delgado Gurriarán. Os e as integrantes do club de lectura, así como parte do alumnado de 1º ESO riron a gargalladas coa súa fantástica interpretación. 

 

 

-Ese mesmo luns, tamén 2º ESO recibiu con moito gusto a dúas rapazas que lles viñeron falar de todo o que supón a organización e a celebración da festa máis coñecida da vila e da contorna: a Dorna. Para o vindeiro ano, xa quedamos con elas para que esas charlas tan interesantes sobre as nosas festas as veñan dar para todo o centro.

 

 

-E o mércores, 11 de maio, a actividade estrela. Todo 1º ESO acudiu ao CORRELINGUA; xa tiñamos ansia por ir á festa da lingua, pois dous anos sen ela fixéronse longos. Traballamos arreo cos nosos titores e titoras e alá fomos cargadiños de mensaxes. Mirade as fotos e os vídeos, con isto non fai falta dicir nada máis.

 

 

 

 

E para ver os vídeos, clica nas seguintes fotos:

 

 

 

 

MÁIS ACTIVIDADES NO MES DAS LETRAS


image | by Dr. Radut