Skip to Content

EDUTECEMPRENDE

O programa EduTecEmprende permite que o alumnado visite empresas e centros tecnolóxicos da nosa comunidade. Nelas ten a oportunidade de entrar en contacto con novas técnicas de produción, tecnoloxías intelixentes no seu da industria 4.0 e diversas profesións.

Como a situación da pandemia puxo difícil a mobilidade, un especialista do concesionario Pérez Rumbao achegouse ao centro e, da man del e doutra xente que quedou na empresa, o alumnado puido ir percorrendo en directo as instalacións da empresa. 

Grazas por permitir que, a pesar das dificultades, este tipo de actividades tan interesantes poidan chegar a un alumnado (neste caso de AF 1) que aínda está completando a súa formación.

 

EDUTECEMPRENDE


image | by Dr. Radut