Recordades todo o traballo que fixestes antes do Nadal para decorar as portas das vosas aulas e POÑER UN LEMA EN GALEGO?
Pois, como foi intenso, o EDL decidiu premiar as tres portas que cumpriron as bases da actividade.
As clases gañadoras foron:
• 2º ESO B
• 3º ESO B
• FP Básica
A decisión foi moi difícil, xa que o traballo que realizastes era boísimo, pero houbo que decidirse.
Como non, o agasallo físoxe extensivo tamén ás vosas titoras que tanto colaboraron para poder levar o traballo adiante.
Parabéns a todos e todas vós.