Skip to Content

GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

O pasado venres con toda a ilusión e o entusiasmo da que puidemos dispor a pesar das restricións, puxémonos de gala para celebrar que 29 alumnas e alumnos do IES Leliadoura remataron o Bacharelato e comezan a voar xa fóra do noso niño.

Despois de diversos discursos moi emotivos da directora, do profesorado e tamén do alumnado, puidemos cantar e seguir as letras de Fernando e con Fernando e finalmente facer a entrega de diplomas e un pequeno agasallo.

Para rematar o acto, inauguramos unha nova tradición, plantar unha árbore no patio. Neste caso, un bidueiro; para o curso vindeiro, xa iremos vendo...

Sentimos moito non poder convidar as familias; sabemos que o alumnado desexaba ferventemente a súa presenza, mais tentamos suplir esta falta coa publicación do vídeo que gravou todo o acto. Clicade aquí e poderedes acceder a el.

Queremos tamén agradecer ao concello a súa colaboración na montaxe do escenario e das cadeiras.

 

 

 

 

 

 

 

GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO


image | by Dr. Radut