Skip to Content

SERAFÍN MARCOS E XELA ARIAS

Estamos no mes das Letras e unha visita que se vén facendo asidua nos últimos anos é a de Serafín Marcos e o seu espectáculo relacionado coa persoa homenaxeada o 17 de maio. Como el ben dixo nunha recente entrevista, dende o 2003 no que lle encargaron facer unha representación sobre Avilés de Taramancos en Noia, aquilo "xa se liou todo" e non hai ano no que non teña un chisco de tempo para deixar a música e centrarse no teatro.

El, que se considera un traballador e non un artista elabora "chapuzas" que logo se converten no deleite de moito alumnado dos centros da contorna. 

Desta vez, o seu percorrido non foi só pola traxectoria vital e profesional de Xela Arias, senón que tamén tivo un anaquiño para centrarse en Carvalho Calero que o ano pasado non tivo a sorte de obter o recoñecemento que el se merecía.

O club de lectura do IES Leliadoura pasou un anaco moi agradable rindo con Serafín e gozando da interpretación de poemas de Tigres coma cabalos ou Darío a diario.

 

 

 

 

 

SERAFÍN MARCOS E XELA ARIAS


image | by Dr. Radut