Skip to Content

MÁIS NO DÍA DE ROSALÍA

O Departamento de Lingua Galega e Literatura non quixo deixar pasar o día da nosa poetisa máis celebrada sen recordar que hai 184 anos veu a este mundo para deixarnos unha pegada ben fonda que había durar moito máis ca o tempo que ela tivo para realizar a súa obra. A nosa proposta foi a de que todo o equipo docente se implicase para dar relevancia á súa figura e así foi que durante toda a mañá, antes de comezar cada sesión, todo o profesorado sen excepción leu un poema ante o seu alumnado seleccionado dunha escolma que había enriba da súa mesa. E como non hai mellor aprendizaxe que dar exemplo, isto fixo que algún alumnado se animase tamén a ler. Clicade na imaxe e iredes directamente ao vídeo que dá conta da actividade:

 

 

 

Pero, moito antes deste mércores comezamos a traballar e, para conseguir o noso obxectivo, tivemos que mandar o traballo fóra do centro. O destino, o centro de día da vila (AGADEA). O alumnado de 2º ESO escribiulle unhas fermosas cartas onde puxeron un poema da obra de Rosalía, mirade o vídeo  (clicade para iso na imaxe dela que realizou Manuel Jesús Santamaría de 1º Bach) e veredes como se desenvolveu a tarefa. Máis abaixo, volvede clicar na imaxe e tamén poderedes observar o que os nosos anciáns e anciás realizaron e nos mandaron de agasallo. 

 

 

 

Mil grazas polo voso esforzo, cando poidamos, a correspondencia será entregada en persoa por tod@s e cada un dos seu autor@s.

Clicade na imaxe para ver o seu vídeo:

 

 

 

E para rematar, tedes que ver o recital poético que fixo o alumnado e a interpretación musical do profesor de Música. O EDL convídavos a clicar na imaxe e ver o vídeo: 

 

Ilustración digital Rosalía de Castro Mónica Jiménez | Arte feminista,  Arte, Reto de fotografia

MÁIS NO DÍA DE ROSALÍA


image | by Dr. Radut