O alumnado de primeiro da ESO do IES Leliadoura participou outra vez este curso no Correlingua 2019 en Santiago de Compostela hoxe 6 de maio e fomos gañadores un ano máis do premio a mellor banda e deseño.
Carreira e festa polo galego coa participación de 1.600 escolares da comarca de niveis dende Infantil, Primaria e Secundaria de varios concellos.
Participamos na festa final do Correlingua na praza da Qiuintana e logo fixemos un percorrido por varias rúas de Santiago partindo dende esta praza e indo polas rúas do Villar, as Horfas, praza de Cervantes, rúa da casa da troia, rúa da Conga, Algalia,Xoan XXIII Praza do Obradoiro,Praterías para voltar a Quintana outra vez.
Algúns do noso alumnado levaban pandeireta, cunchas, tambor e ían animando esta andaina durante todo o percorrido.
Outros portaban a pancarta do noso IES.
Tamén bailamos e cantamos e pasámolo moi ben.
Foi unha andaina moi participativa e cun ambiente moi festivo o que se viviu hoxe pola mañán polas rúas de Santiago de Compostela.
20 centros de ensino participaron este ano nunha actividade que vai pola XIX edición.
Neste acto tivo lugar a entrega de premios ás mellores pancartas que recaeron por esta orde no IES Leliadoura de Ribeira, o CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón e o CEP Plurilíngüe de Ventín (Ames)
O fin de festa foi conducido pola actriz Isabel Blanco e a festa rematou coa actuación da cantautora cambadesa Pauliña que foi gañadora este ano do concurso Cantalíngua e que animou a todos a falar galego sen complexos e vivir cada día nunha língua que é unha riqueza o tela.
Noraboa a todos.