Skip to Content

O ALUMNADO DE ADMINISTRATIVO VISITOU A LONXA DE RIBEIRA

O IES Leliadoura organizou unha actividade na que participaron o Ciclo Medio de Xestión Administrativa e o Ciclo Superior de Administración e Finanzas, tanto os primeiros como os segundos cursos de ámbolos dous ciclos.

A actividade consistiu na visita ás instalacións da Lonxa de Ribeira, asistencia ás poxas, información de primeira man da loxística e organización, así como explicacións sobre a súa complexa administración.

Ademais, o alumnado está realizando varios traballos, onde se recollen toda esta información, que se recadou nestas dúas visitas, que foron realizadas os días 16 e 17 de outubro, ás 6 da tarde.

Participan nesta actividade integral 29 alumn@s de AF1, 26 de AF2, 9 de XA1 e 6 de XA2.

Valoramos moi positivamente esta visita polo sorprendente das instalacións, o complexo desenrolo das actividades da primeira lonxa de baixura do Estado español.

Coa Lonxa de Ribeira colaboramos e seguiremos colaborando na formación do noso alumnado, en concreto a través do Módulo de Formación en Centros de Traballo.

O ALUMNADO DE ADMINISTRATIVO VISITOU A LONXA DE RIBEIRA


image | by Dr. Radut