Skip to Content

Letras Galegas: Na biblioteca

 

 

Todo o alumnado de segundo da ESO,un curso de terceiro e outro de cuarto; acudiron o luns 14 de maio a biblioteca para ver a actuación de Serafín Marcos que veu contar "Unha historia de amor"

"Unha historia de amor "é unha representación didáctica sobre a vida e obra de María Victoria Moreno (Letras Galegas 2018). O compromiso da homenaxeada co idioma galego e máis salientable se cabe pola súa orixe estremeña.

A súa biografía e a súa literatura, entrelázanse nesta obra cargada de mensaxes vitalistas e positivas..("As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos")

 

Un camiño de liberdade e eleción persoal cheo de enerxía que transmite ás xeracións máis novas coa súa literatura.

Esta representación fainos partícipes dese espírito,das súas vivencias e do compromiso coa cultura galega desta autora.

 

Letras Galegas: Na biblioteca


image | by Dr. Radut