Skip to Content

Día de Rosalía - 24 de febreiro

Día de Rosalía - 24 de febreiro

 

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) traballa desde o ano 2011 coa idea de lograr institucionalizar o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro - a escritora de Padrón naceu en 1837 un día coma o de hoxe.

 

No IES lELIADOURA tamén o quixemos celebrar.

 

O alumnado de terceiro da ESO cantaron a ritmo de blues a primeira estrofa deste poema que prepararon na clase coa profesora de galego Isaura.

 

Eu cantar, cantar, cantéi

 

Eu cantar, cantar, cantéi,
a grasia non era moita,
que nunca (delo me pesa)
fun eu meniña grasiosa.
Cantéi como mal sabía
dándolle reviravoltas,
cal fan aqués que non saben
direitamente unha cousa.
Pero dempóis paseniño,
i un pouco máis alto agora,
fun botando as miñas cántigas
como quen non quer a cousa.
Eu ben quixera, é verdade,
que máis boniteiras foran.
Eu ben quixera que nelas
bailase o sol cal palomas, 
as brandas augas ca luz
i os aires mainos cas rosas;
que nelas craras se visen
a espuma das verdes ondas,
do ceu as brancas estrelas,
da terra as prantas hermosas,
as niebras de cor sombriso
que aló nas montañas rolan,
os berros do triste moucho,
as campañniñas que dobran,
a primadera que ríe
i os paxariños que voan.
Canta que te canta, mentras
os corasóns tristes choran.
Esto e inda máis, eu quixera
desir con lengua grasiosa;
mais donde a grasia me falta
o sentimento me sobra,
anque éste tampouco abasta
para espricar certas cousas,
que a veces por fora un canta
mentras que por dento un chora.
Non me espriquéi cal quixera
pois son de espricansa pouca;
si grasia en cantar non teño
o amor da patria me afoga.
Eu cantar, cantar, cantéi,
a grasia non era moita.
¡Mais qué faser, desdichada,
si non nacín máis grasiosa!

 

 

 

Tamén podemos escoitar na voz de Amancio Prada outros poemas de Rosalía de Castro

 

 

O alumnado de cuarto de ESO recitaron poemas creados por eles mesmos a partir dun verso dos poemas de Rosalía que fixeron na clase co profesor de galego Xesús Laíño

 

 

 



image | by Dr. Radut