Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024 - 2025

Está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.

Data límite para entrega de solicitudes: 21 de xuño de 2024.

O procedemento está rexido pola Orde do 7 de maio (DOG 20 de maio de 2024)

Formas de presentación de solicitudes:

-Sede electrónica: necesitará ter conta Chave365 ou certificado dixital ou DNI electrónico e mais a aplicación Autofirma. 

-Presencial con asistencia da aplicación: cubrindo os datos na aplicación, imprimindo os Anexos I e II e presentándoos no centro.

-Recollida da documentación e entrega no propio centro educativo.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:

1)  Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentencia xudicial e ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

2) Copia do libro de familia ou documentación equivalente , onde figuren a/o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

 

Horario de atención: 9:00h a 14:00h.

 

 



story | by Dr. Radut